Da estrela Rosalía ás mulleres astrónomas. Antonia Ferrín no Día de Rosalía

Publicamos hoxe, no Día de Rosalía de Castro, a última pílula divulgativa deste proxecto que, da man de Aglaonike de Tesalia, Teano de Crotona, Annie Jump Cannon e as astrónomas de Harvard e Antonia Ferrín, nos achegou, dende a nosa lingua, á ciencia e á astronomía. Con el ofrecemos o noso recoñecemento ao duro e calado, e tantas veces acalado, labor das mulleres científicas. 

De seguro, Rosalía está a sorrir, fachendosa…

“cas estreliñas
para guiarme,
que aquel camiño
solo elas saben.”

Quizais, agradecida, a estrela que leva o nome da nosa poeta brille hoxe con máis forza e alumee o camiño que han seguir as que hoxe son nenas e mañá serán escritoras e investigadoras!

Grazas a Miguel, Juan, Isaac, Leo, Alejandro, Antonio e, en especial, a Aya, Lucía e Nerea!

Ir a descargar