Día Mundial da poesía na Radio Perseveira

“-Profe, a min a poesía, non me gusta… É que é moi difícil..

-É certo. Non é fácil, pero imos deixarnos levar polas verbas, polo seu son. Que se remove dentro de nós? ”

Pouco a pouco imos afacéndonos a novas formas de expresión das que nos afastan as présas, o estrés do día a día, os exames, as programacións cos seus estándares e temporalizacións… Mergullámonos no novo universo que se abre ante nós e estremecémonos cando comprendemos a mensaxe.

“-Que fermoso é agora que o entendo!”

Dámonos conta de súpeto de que amamos a poesía, por que non? Imos poñela de moda. Deámoslle voz! E entón escollemos un poema e facémolo noso. E descubrimos que podemos recitar e emocionar, primeiro a nós mesmos e logo a todos os que nos escoitan.

E ti, amas a poesía?

Déixate levar e mécete no vaivén das ondas do seu mar. Benvido á nosa sección de Poesía Onda ti!

Raquel Queiruga recita “Fidelidad” de Blas de Otero

Ir a descargar

Xulia Otero recita “La canción del pirata” de José de Espronceda

Ir a descargar

Javier Torrado recita a Rima VII de Gustavo Adolfo Bécquer

Ir a descargar

Nazarena Silvera recita “La cigarra” de Salvador Rueda

Ir a descargar

Angelina Souto recita “Tristes hombres” de Miguel Hernández

Ir a descargar

Lara Rodríguez recita “La naturaleza” de Juan Ramón Jiménez

Ir a descargar

Borja Linares recita a Rima XXXVIII de Gustavo Adolfo Bécquer

Ir a descargar

María Queiruga recita “A Margarita de Bayle” de Rubén Darío

Ir a descargar

Indira Fernández recita “La naturaleza” de Antonio Machado

Ir a descargar

Steveen Johary recita “El último viaje” de Gustavo Adolfo Bécquer

Ir a descargar

Antía Rodríguez recita “Se querían” de Vicente Aleixandre

Ir a descargar

Xoán Suárez recita “La zorra y las uvas” de Félix Mª de Samaniego

Ir a descargar

Pablo J. Resúa recita “Vienes a mí” de Enrique González Martínez

Ir a descargar

Alonso Calo recita “Pido la paz y la palabra” de Blas de Otero

Ir a descargar

Estes marabillosos traballos realizados polos alumnos de 4º de ESO do IES de Porto do Son ubícanse dentro das actividades realizadas neste 2º trimestre na materia de Lingua castelá e literatura sobre poesía. Achegáronse ás distintas manifestacións poéticas acaecidas dende o século XVIII e foron quen de entender mellor esta linguaxe que ás veces resulta un tanto hermética. Pero non é a primeira vez que o facemos. Queremos recuperar aquí outros podcasts “históricos” de alumnos que xa están en bacharelato e outros que xa marcharon do centro. A todos eles agradecémoslles a beleza destas gravacións que podedes desfrutar agora:

Lucas Piñeiro recita “El último viaje” de Juan Ramón Jiménez

Ir a descargar

Adrián Armental recita “Alturas de Macchu Picchu” de Pablo Neruda

Ir a descargar

Mario Pazos recita “Imsomnio” de Dámaso Alonso

Ir a descargar

Mateo Maneiro recita “Forgotten” de Raúl Vacas

Ir a descargar

Uxía Santiago recita “El poema” de Pedro Salinas

Ir a descargar

Daniel Piñeiro recita “Masa” de César Vallejo

Ir a descargar