Acerca de

Estamos de estrea! O IES de Porto do Son ten radio: Onda Perseveira, onda ti! 

 

Fomos seleccionados entre 20 centros de toda Galicia para participar no proxecto piloto Radio na Biblio Foi unha nova estupenda que ademais acaía xenial neste curso no que o tema interdisciplinar é a COMUNICACIÓN.

Con Javier Prado, de Rede Espora,  tivemos formación, os profes, as profas e un grupo de mozos e mozas do club de lectura. Tamén  outros grupos de alumnos e alumnas con Manuel Vicente, de Efervescencia e con Roberto Casal e Akira Valero. A cousa é ir colléndolle as mañas, aos poucos, e ver de tirarlle partido a esta ferramenta tan ilusionante.

A radio xa forma parte do IES de Porto do Son. Está onda ti! Onda vós! Iremos mellorando a técnica, tuneando o espazo… E pouco a pouco van saíndo gravacións, podcasts que poderedes escoitar entrando no blog Onda Perseveirana nosa conta de IVOOX, descargando a aplicación nos vosos móbiles.

Anuncios