“A señorita Bubble”: entrevista

 

O alumnado de AC de 3º de ESO, tras ler o libro de Ledicia Costas A señorita Bubble, elaborou un guión de radio onde fan unha entrevista a dous dos personaxes desta novela. Escolleron tratar a importancia que as bibliotecas teñen na novela, de aí que nesta entrevista ficcionalizada, sexan a señorita Bubble e Úrsula, a Bibliotecaria as protagonistas. Poñen en cuestión o papel das persoas encargadas das bibliotecas. A señorita Bubble sempre facendo prevalecer valores como o coñecemento, a convivencia, o afecto… para loitar contra a irracionalidade e os prexuízos. Pequeniñas/grandes leccións de vida!

Go to download

Anuncios

MARÍA VITORIA MORENO VISITA ONDA PERSEVEIRA!!

O mes de maio, co Día das Letras Galegas como marco,  foi un mes de lectura e traballo sobre Anagnórise para o alumnado de 3º ESO. Lemos a obra, asistimos á representación teatral de Limiar Teatro, puidemos saber máis da súa vida e a súa obra pola exposición da biblioteca e, en 3º ESO A e B, realizaron guións de radio a partir dunha tarefa de aula. As aulas son numerosas e os tempos limitados cara a final de curso. Pero por fin, nesta última semana de curso puidemos gravar un dos programas. Foi unha primeira experiencia para Érika, María, Iria e Alén. Por alí estiveron tamén Clara, Rita e Martín. Deu para unhas boas risas!!!

Pois aí vai! En primicia para todos vós, entrevista a María Vitoria Moreno e os personaxes principais da súa obra, Nicolau Arís e Xulia Andrade que este luns visitaron Onda Perseveira!

Go to download

16 de maio: “Ouigha con Castelao e compañía”

Tirando bo proveito do apoio do Concello e, en especial, da Concellaría de Xuventude, un grupo de alumnas e alumnos do noso participaron, na Semana Cultural sobre a Comunicación, nun obradoiro de radioteatro con Roberto Casal e Akira Valero, excelentes animadores do teatro, da palabra, da cultura…

  

E hai uns días chegounos, fresca e divertida, a gravación da peza que montaron: Ouigha con Castelao e compañía. Sabemos que é un bo plan para estas datas, co 17 de maio a caer! Ademais, podes escoitala no móbil!

A que agardades? Non todos os días un profesor algo tolo propón unha Ouigha con Castelao! Escoitastes ben, unha OUIGHA! Que si, como a de Sechu Sende en Made in Galiza. E non só con Castelao, porque eles tamén descagaron unha app… Vaia, xa vos dirán, pero o conto é que atoparon o rianxeiro en boa compaña! Ha de ser co gallo do Día das Letras… Fanche un bo xuntoiro! O máis alá non sabe de xeracións literarias e andrómenas, e moito menos de discriminación por xénero. Aí che andan con el Rosalía, Lois Pereiro, Cunqueiro e, como non, María Vitoria Moreno, que este ano ánda ben fachendosa. Non é para menos, dá xenio oila falar: “a pronunciación melódica”, “o abraio das verbas como un aloumiño para os ouvidos”. Viría de fóra, mais deixouse namorar pola nosa terra e pola nosa fala.

E nestes días precisamos crer.

Crer nos espíritos “bos e xenerosos”, crer nun futuro para a lingua galega, mesmo crer nunha app que faga posibles para ela “mil primaveras”!

 

Parabéns para Uxía, Samuel, Indira, María, Raquel, Carlos, Candela, Claudia, Joel, Martín, Adrián e Lucas!!!

Xa, xa… podedes escoitala descargando o podcast dende a canle Onda Perseveira en Ivoox ou aquí:

Go to download