Antonio Fraguas en Onda Perseveira

Mañá, 17 de maio, celebramos as nosas Letras, a nosa identidade. Este ano vimos lembrando e celebrando o labor de Antonio Fraguas, ou Antón Fraguas -el empregaba os dous nomes- e Onda Perseveira non ía ser menos. El facía radio. Nós facemos radio para el. Este é o noso agasallo, o noso recoñecemento.

O alumnado de 2º ESO B, cóntanos del. Dese home que tanto fixo pola nosa cultura e o noso idioma.

Go to download

Anuncios

“A señorita Bubble”: entrevista

 

O alumnado de AC de 3º de ESO, tras ler o libro de Ledicia Costas A señorita Bubble, elaborou un guión de radio onde fan unha entrevista a dous dos personaxes desta novela. Escolleron tratar a importancia que as bibliotecas teñen na novela, de aí que nesta entrevista ficcionalizada, sexan a señorita Bubble e Úrsula, a Bibliotecaria as protagonistas. Poñen en cuestión o papel das persoas encargadas das bibliotecas. A señorita Bubble sempre facendo prevalecer valores como o coñecemento, a convivencia, o afecto… para loitar contra a irracionalidade e os prexuízos. Pequeniñas/grandes leccións de vida!

Go to download

Obradoiro de radio con Ponte nas Ondas

Dentro do programa de continuación de Radio na Biblio, os alumnos e alumnas do club de lectura dos máis novos e unha selección de mozos e mozas de 1º e 2º de ESO, asistiron a finais de febreiro a un obradoiro de radio con Ponte nas Ondas. Con eles, algúns profes aprendían e/ou reforzaban os seus coñecementos deste medio (mesmo para os que xa tivemos formación o curso pasado, viñeron como auga de maio estas tres horiñas de traballo coa rapazada).

O obradoiro fíxose na aula TIC, onde instalamos Audacity. Xerardo e Damián traían a súa mesa de gravación. Sendo un grupo tan numeroso, foi a mellor opción para que tod@s puidesen ser activos.

O obradoiro foi un éxito. Interesante, práctico, útil, divertido!!!

Achegámosvos os podcasts. Por suposto, non son perfectos, son probas, as primeiras prácticas cos micros. Teñen valor porque ilusionan e animan a incorporar esta ferramenta no ensino, na comunicación de todo aquilo que nos apeteza ou necesitemos contar. Pero tamén son mostras para a reflexión nas posibles melloras: o ton, o volume, a preparación do guión, a distancia do micro, etc.

Aí van! O primeiro, unha lectura compartida de Denévola a Roxa, de Héctor Cajaraville. O segundo, un programa completo, con entrevistas, información, música… Nel, como acontece en calquera cadea de radio, os temas foron variados. Fixeron unha entrevista sobre da experiencia de ir ao conservatorio; contaron en inglés de intereses da súa idade en inglés; informáronnos sobre Porto do Son; presentaron peticións para o equipo directivo; faláronnos da música de Pablo Londra (un dos seus cantantes favoritos)… ata cantaron un rap!!! Seguro que vos gustará escoitalos!

Go to download

Go to download

Aquí, aprendendo radio con Javier Padro!

O curso pasado andabamos co tema da Comunicación. Convocaron Radio na Biblio. Pedímolo. Déronnolo! E comezamos a formación con Javier Prado, de Rede Espora, a quen escoitaramos ilusionar o auditorio nunhas xornadas de bibliotecas. O entusiasmo pola radio que transmitira daquela, foi o que nos fixo chegar no centro. E non só a nós, tamén outros centros de Galicia adiante se unían ás Ondas.

Aquí vos compartimos o vídeo-resumo da actividade que Javier nos enviou estes días. Saímos cantando e facendo probas. Profes e profas no minuto 1:23. Os mozos e as mozas, no 5:02.

Un proxecto ben ilusionante que continuaremos neste curso. Vén para quedar no insti!