“A señorita Bubble”: entrevista

 

O alumnado de AC de 3º de ESO, tras ler o libro de Ledicia Costas A señorita Bubble, elaborou un guión de radio onde fan unha entrevista a dous dos personaxes desta novela. Escolleron tratar a importancia que as bibliotecas teñen na novela, de aí que nesta entrevista ficcionalizada, sexan a señorita Bubble e Úrsula, a Bibliotecaria as protagonistas. Poñen en cuestión o papel das persoas encargadas das bibliotecas. A señorita Bubble sempre facendo prevalecer valores como o coñecemento, a convivencia, o afecto… para loitar contra a irracionalidade e os prexuízos. Pequeniñas/grandes leccións de vida!

Go to download

Anuncios

Escoitando O segredo da casa de Formoso

O alumnado de 3º de ESO leu e traballou este ano O segredo da casa de FormosoHéctor Cajaraville visitou o centro… Unha das actividades que completaban a lectura desta obra era gravar un podcast recollendo un fragmento da obra onde o tema interdisciplinario, a sostibilidade, estaba presente.

Aquí vos recollemos un dos que máis nos gustou. Quen le tan ben é Valeria, de 3º A:

 

Go to download