De quen vimos sendo? Apelidos de Porto do Son

Andrea, Area e Noa explícannos o traballo interdisciplinar centrado na investigación sobre a orixe, a distribución e a incidencia dos apelidos máis recorrentes entre o alumnado do noso centro.

No marco do tema interdisciplinario da Sostibilidade, decidimos procurar información para responder ás preguntas:

De quen vimos sendo? Que hai de noso detrás dos nosos apelidos? Do noso entorno, da paisaxe, do patrimonio, dos costumes…?

O alumnado de 4º de ESO de Bioloxía revisou os apelidos do alumnado do centro. Así soubemos que estes son 18 apelidos sonenses máis comúns no curso 2018-19, tendo en conta que no sétimo e décimo lugar dous apelidos aparecen no mesmo posto: 1. Santos  2. Maneiro 3. Queiruga 4. Romero 5. Calo 6. Torres 7. Sampedro/Sanlés 8. Mariño 9. Piñeiro. 10 Vila/Santamaría 11. Gaciño 12. Ageitos 13. Pouso 14. Ventoso 15. Lorenzo 16. Blanco

Procuramos información na rede, pero unha das principais fontes foi o estudo de Joaquín Torres del Río Os apelidos do Concello de Porto Do Son. Xeneoloxía, Etimoloxía e Heráldica, editado por Toxosoutos. 

Pronto subiremos este traballo á rede para compartilo con vós.

O alumnado de 1º de ESO uniuse tamén á actividade cavilando sobre os alcumes das súas familias.

Go to download

Anuncios

“A señorita Bubble”: entrevista

 

O alumnado de AC de 3º de ESO, tras ler o libro de Ledicia Costas A señorita Bubble, elaborou un guión de radio onde fan unha entrevista a dous dos personaxes desta novela. Escolleron tratar a importancia que as bibliotecas teñen na novela, de aí que nesta entrevista ficcionalizada, sexan a señorita Bubble e Úrsula, a Bibliotecaria as protagonistas. Poñen en cuestión o papel das persoas encargadas das bibliotecas. A señorita Bubble sempre facendo prevalecer valores como o coñecemento, a convivencia, o afecto… para loitar contra a irracionalidade e os prexuízos. Pequeniñas/grandes leccións de vida!

Go to download

Fonforrón, a praia e as súas lendas

O alumnado de 2º de ESO, dentro  do proxecto de desenvolvemento da Ruta que fixeron a comezo de curso dende a praia do Dique ata o instituto, investigaron sobre a praia de Fonforrón e as súas lendas. Foi o tema que escolleron para achegarse ás ondas, a Onda Perseveira!

dav

Érika, Isma e Juan Carlos descríbennos o areal, fálannos da súa historia e das lendas:

Go to download

Mariña, Alicia e Alex Vilas recollen para nós a lenda do castelo de Pilatos:

Go to download

E como as historias foron sempre de boca en boca, e van medrando con variacións, conformando o imaxinario do pobo, Martina, Adrián e Borja, dan a súa versión das lendas:

Go to download

E tirando do nobelo, Pili, Ángel, Álex Vazquez e Juan:

Go to download

O nobelo da oralidade que chega ata Valeria e Ramón. Por eles sabemos que a praia de Fonforrón é lugar de piratas, ciclopes, fuxidos, maleantes e contrabandistas. Mais tamén do monstro mariño que habita na cova.

Go to download

O club de lectura “Lanzando redes”!

Estivemos enredados en abril e maio coa migración do blog de biblioteca de Blogaliza a Worpress e coa creación do blog Onda Perseveira e claro, con tanta faena, aínda traemos agora o programa Lanzando Redes que se gravara na Semana Cultural.

Naquel obradoiro con Javier Prado, enmarcado no proceso de formación do proxecto piloto Radio na Biblio, os alumnos e alumnas do club de lectura investigaron, crearon un guión e gravaron este programa co obxectivo de lanzar redes. Contábannos de Porto do Son, do seu patrimonio, das súas festas, do que ofrece este concello e, como non,  tamén do noso instituto e das nosas actividades.

Pois iso, botando redes para que os oíntes nos visiten!

Aquí vos deixamos con Suso, Franco, Érika, Indra e Clara. Por certo, Franco acababa de incorporarse ao noso centro. Recén chegado de Arxentina, facía a súa inmersión no galego ao grande, dende a radio!

Go to download