O Museo Marea na Ruta da pedra, a auga e a memoria

A comezo de curso o alumnado de 2º de ESO fixo a «Ruta da pedra, a auga e a memoria», que partía da praia do Dique e finalizaba no IES de Porto do Son. Unha das paradas deste roteiro foi o Museo Marea. Na materia de ITI Lois, Joel, Noel e Pablo completaron o que aprenderon na saída e agora cóntannolo en Onda Perseveira!

Go to download

Ruta da auga: o faro de Cabeiro

Elena, Antía e Nuria e Carla investigaron na materia de ITI sobre o faro de Cabeiro, unha das paradas que fixeron na ruta da auga. Foi unha das primeiras probas coa radio, alá polo mes de marzo.

Go to download 

Fonforrón, a praia e as súas lendas

O alumnado de 2º de ESO, dentro  do proxecto de desenvolvemento da Ruta que fixeron a comezo de curso dende a praia do Dique ata o instituto, investigaron sobre a praia de Fonforrón e as súas lendas. Foi o tema que escolleron para achegarse ás ondas, a Onda Perseveira!

dav

Érika, Isma e Juan Carlos descríbennos o areal, fálannos da súa historia e das lendas:

Go to download

Mariña, Alicia e Alex Vilas recollen para nós a lenda do castelo de Pilatos:

Go to download

E como as historias foron sempre de boca en boca, e van medrando con variacións, conformando o imaxinario do pobo, Martina, Adrián e Borja, dan a súa versión das lendas:

Go to download

E tirando do nobelo, Pili, Ángel, Álex Vazquez e Juan:

Go to download

O nobelo da oralidade que chega ata Valeria e Ramón. Por eles sabemos que a praia de Fonforrón é lugar de piratas, ciclopes, fuxidos, maleantes e contrabandistas. Mais tamén do monstro mariño que habita na cova.

Go to download