Viaxe arredor do meu cuarto. Voces para unha pandemia

Esta semana cúmprese un ano do primeiro confinamento. Do día en que todo mudou. É agora un bo momento para recuperar os podcasts gravados dende os seus cuartos polo alumnado que entón cursaba 3º de ESO.

Dende a materia de Lingua Galega propúxoselle ao alumnado unha actividade partindo do texto dun dos precursores da novela de viaxes, o escritor e pintor francés Xavier De Maistre, que acaía moi ben á situación que estabamos a vivir. A finais do XVIII, este foi sometido a arresto domiciliario de corenta e dous días por ter participado nun duelo. Pechado no seu cuarto de Turín escribiu a obra Viaxe arredor do meu cuarto (Voyage autour de ma chambre). Con ela inauguraba unha “nova forma de viaxar”, á que o mundo enteiro viría sumarse en marzo de 2020.

«O meu cuarto está situado a corenta e cinco grados de latitude, segundo as medidas do pai; a súa dirección é de leste a oeste, formando un largo cadrado de trinta e seis pés de lado, (…). A miña viaxe conterá, porén, algo máis, pois a atravesarei a miúdo ao longo e ancho, ou ben en diagonal, sen seguir nin regra nin método algún. Mesmo farei zigzags e percorrerei todas as liñas posibles en xeometría se a necesidade así o esixe. (…) A miña alma está aberta a toda clase de ideas, de gustos e sentimentos; recibe tan avidamente todo o que se lle presenta…! De xeito que, cando viaxo pola miña habitación, rara vez percorro unha liña recta; vou da miña mesa cara un cadro que está colocado nun recuncho, de alí parto oblicuamente para ir á porta; pero aínda que ao partir a miña intención sexa dirixirme alí, se dou no camiño coa miña butaca, non o penso, e acomódome de inmediato. Que excelente moble é unha butaca (…).«

Inspirándose neste fragmento, a actividade consistía en crear un texto breve en prosa ou un poema no que contasen a súa experiencia do confinamento, como vivían e sentían esa “viaxe”… A temática era libre, só debía ter como eixo o tempo do confinamento.

É o tempo de traelos a Onda Perseveira…, mentres resistimos.

Presentamos a nosa «viaxe»:

Ir a descargar

Eis as gravacións. Hainas de literatura, música, obxectos descubertos / redescubertos, dragóns e vasoiras voadoras, medos, saudades e soidades, arelas, apertas e bicos non dados, os primeiros paseos, os pasteis, os xogos coa familia, o estudo a través da pantalla, reflexión crítica sobre a pandemia… Dende o a segunda semana de marzo de 2020 ata hoxe, 13 de marzo de 2021…, apertando con forza o cendal das vacinas que nos han devolver a saúde e a liberdade.

Candela Fernández

Ir a descargar

Carlos Torres

Ir a descargar

Indira Fernández

Ir a descargar

Javier Torrado

Ir a descargar

Leyao Jin

Ir a descargar

Susana García

Ir a descargar

María Queiruga

Ir a descargar

Noa Filgueira

Ir a descargar

Nuria Torres

Ir a descargar

Silvia Pego

https://www.ivoox.com/silvia-pego-viaxe-arredor-do-meu-cuarto-audios-mp3_rf_66764482_1.html

Raquel Queiruga

Ir a descargar

Valeria Güimil

Ir a descargar